Un accidente en Outes entre un turismo e unha furgoneta deixa un balance de seis feridos

Un accidente en Outes entre un turismo e unha furgoneta deixa un balance de seis feridos
Un accidente en Outes entre un turismo e unha furgoneta deixa un balance de seis feridos

Os feridos encontrábanse accesibles, polo que descartouse o uso do material de excarceración

Seis persoas resultaron feridas ao colidir fronto-lateralmente un coche e unha furgoneta na DP-4502, a altura de Santo Ourente de Entíns, en Outes.

Como consecuencia do impacto, tres dos ocupantes da furgoneta e outros tres do coche foron trasladados a distintos centros hospitalarios de referencia. 

Os feridos encontrábanse accesibles, polo que descartouse o uso do material de excarceración. Aínda así, todos os implicados foron evacuados polos servizos sanitarios.

Pasados uns minutos das 9:30 horas de hoxe, o CIAE 112 recibia a alerta dun accidente con persoas feridas no lugar citado. Inmediatamente, os xestores do 112 Galicia puxeron en marcha un operativo no que interviñeron o 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, GES de Muros, ademais da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Outes.

Comentarios
Lo más