O BNG recorda que Compostela Aberta remata o mandato sen constituir varios dos Consellos de Participación

O BNG recorda que Compostela Aberta remata o mandato sen constituir varios dos Consellos de Participación
Foto de arquivo
O BNG recorda que Compostela Aberta remata o mandato sen constituir varios dos Consellos de Participación

Goretti Sanmartín cre necesario activar os Consellos de Participación para implicar a veciñanza e colectivos

Goretti Sanmartín, voceira do grupo municipal do BNG, lémbralle de novo ao grupo de goberno de Compostela Aberta que desde que está gobernando esta cidade, varios dos Consellos municipais de participación aínda non se crearon e tampouco se reactivaron os existentes. O grupo municipal nacionalista xa levou a pleno do mes de abril unha iniciativa para activar ditos Consellos de Participación.

Para o BNG de Compostela é moi importante activar os Consellos de Participación Cidadá para que a veciñanza e colectivos se impliquen nas decisións de relevancia para Santiago de Compostela. A concelleira nacionalista xulga necesario o recoñecemento expreso dos deretios da poboación e das entidades organizadas para a cooperación coa institución municipal para o desenvolvemento socioeconómico do territorio e a mellora das concidicións de vida.

Compostela Aberta, ao longo de todo o mandato, dos catorce Consellos de Participación existentes, puxo en funcionamento só catro: Consello de Relacións Veciñais, o de Saúde, o de Medio Ambiente e o Pacto Local pola Movilidade, calquera deles con moi poucas convocatorias de xuntanza. De nova creación é o de Cooperación e Solidaridade e mantiveron a Mesa do Comercio e o Turismo. CA comprometeuse públicamente á creación do Consello da Infancia, mais aínda non se fixo realidade. "Para Compostela Aberta a reactivación dos Consellos de Participación non deixa de ser unha declaración de intencións e non foron unha prioridade o que deixa en envidencia a súa idea de participación. Entre o que CA di e o que vai hai moita distancia", dixo Goretti Sanmartín.

Comentarios