O grupo Teatro Escola de Narón representará hoxe “Será por camiños” en Brión

O grupo Teatro Escola de Narón representará hoxe “Será por camiños” en Brión
Foto de arquivo
O grupo Teatro Escola de Narón representará hoxe “Será por camiños” en Brión

Terá lugar no centro social polivalente ás 20:30 horas

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe venres 28 de decembro, ás 20:30 horas, a actuación do grupo Teatro Escola de Narón, que porá en escena a súa obra “Será por camiños”. Unha representación que tivo que ser adiada o pasado mes de novembro e cuxa entrada é libre e de balde ata completar aforo.

“Será por camiños”, de José Prieto e Manuel Areoso, é unha peza dirixida ao público familiar. Dirixidos por Celia González, este grupo de teatro afeccionado presentará a historia de Renata Castro, unha muller de nobre familia que no século XIII escapa do Mosteiro do Couto fuxindo dun matrimonio de conveniencia decidido pola súa familia. Na súa fuxida atopará a Gaspar, un xograr que se gaña a vida entretendo coas súas cantigas aos visitantes do mosteiro. A parella, unidas polas circunstancias, comezará a andar o camiño ata Santo André de Teixido, vivindo unha aventura fantástica e perigosa na que vivirán situacións inquedantes, aprenderán grandes lendas e historias de todos os tempos e falarán con moitos personaxes de diferentes condicións e épocas.

Comentarios
Lo más