Un accidente deixa tres feridos, entre eles un bebé, no concello de Mos

Un accidente deixa tres feridos, entre eles un bebé, no concello de Mos
Un accidente deixa tres feridos, entre eles un bebé, no concello de Mos

O accidente sucedeu pasados unos minutos das 00:00 horas desta noite e foron os mesmos implicados os que chamaron o 112 Galicia para pedir axuda

En Mos rexistrouse unha saída de vía na A-55, sentido Porriño. O accidente sucedeu pasados unos minutos das 00:00 horas desta noite e foron os mesmos implicados os que chamaron o 112 Galicia para pedir axuda. No turismo viaxaban tres persoas, entre elas un bebé. 

Ainda que segundo se lle informou ao 112 Galicia, non parecían revestir gravidade, os tres foron evacuados polo persoal sanitario ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Tras recibir a alerta, os xestores do 112 Galicia, de inmediato, informaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de tráfico e da Polícia Local, aos Bombeiros do Porriño, e aos efectivos de Protección Civil de Mos.

Comentarios
Lo más