Santa Isabel acolle o Campionato Galego de Inverno de Natación

Santa Isabel acolle o Campionato Galego de Inverno de Natación
Santa Isabel acolle o Campionato Galego de Inverno de Natación

Cómpre sinalar tamén que o Campionato servirá de proba de selección para o Campionato de España por Autonomías, a celebrar os vindeiros 15, 16 e 17 de febreiro en Castellón

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este xoves os detalles do Campionato Galego de Inverno de Natación, que acolle a piscina de Santa Isabel ata mañá. Na rolda estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, e polo presidente do Club de Natación Cidade de Santiago, José Rioseco.

Nesta competición están inscritas 156 nadadoras e 193 nadadores procedentes de 31 clubs de Galicia e do Estado, como é o caso do Club de Natación Sabadell, CN Madrid Moscardo, CN Sitges ou o Club de Natación Alcalá. As probas dividiranse en xornadas de mañá e tarde, dando comezo ás 9:30 e ás 17:30 horas, respectivamente. O club con máis representantes é o CN Galaico de Pontevedra, con 31 nadadores, seguido del CN Pabellón Ourense, con 26, e do CN Liceo, con 25. O club anfitrión participará con 13 nadadores.

Tal e como explicou a concelleira de Deporte, "con esta competición teremos a oportunidade de ver a unha selección dos mellores e das mellores nadadoras nas distintas modalidades, como braza, mariposa, espalda, estilos ou libre". Cómpre sinalar tamén que o Campionato servirá de proba de selección para o Campionato de España por Autonomías, a celebrar os vindeiros 15, 16 e 17 de febreiro en Castellón.

José Rioseco destacou o "orgullo que supón para un club pequeno coma o noso organizar de novo este torneo, que este ano conta coa volta de dúas nadadoras olímpicas como son María Vilas e Beatriz Gómez". Pola súa banda, Carlos Touriño alabou a "calidade das instalacións nas que se vai celebrar o torneo, que sempre axudan a que se fagan moi boas marcas".

FÓRMULA DE COMPETICIÓN

As series de nadadores e nadadoras organizaranse polo sistema de "cabezas de serie". Nas probas de 800 e 1500 libre nadarase seguindo o sistema de "contra reloxo" e confeccionarase unha final A cos oito mellores tempos das eliminatorias e unha final B cos outros oito mellores tempos.

Tamén haberá probas de relevos que se nadarán "contra reloxo" e nas que, para puntuar, será preciso referendar a marca mínima absoluta da proba. 

Comentarios