Arden varios cadros eléctricos no interior dunha nave industrial de Mos

Arden varios cadros eléctricos no interior dunha nave industrial de Mos
Foto de arquivo
Arden varios cadros eléctricos no interior dunha nave industrial de Mos

Sucedeu en Ameiro Longo, concretamente no punto quilométrico 155 da N-550

Unha sobre carga de tensión provocou a pasada noite que ardesen varios cadros de electricidade situados no interior dunha nave industrial en Mos. Segundo puido saber o 112 Galicia, catrocentos metros de cable se viron afectados no incendio.

Ademais, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, foi preciso desviar o tráfico a través da EP-2601 para os vehículos que circulaban de Redondela ao Porriño, e pola A-55 para os que viaxaban do Porriño a Redondela, debido a un cable de media tensión que rematou na N-550.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do incendio ás 5:00 horas. A partir de aí, os xestores do CIAE-112 puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil de Mos e do Porriño, dos Bombeiros de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e da empresa subministradora de electricidade.

Así, os servizos de emerxencias desprazáronse ata o lugar do incendio, que quedou sufocado ao fío das 6:30 horas. Por outra banda, a circulación de vehículos na estrada quedou restablecida, tamén, pasados uns minutos das 6:30 horas.

Comentarios
Lo más