Unha persoa evacuada en helicóptero despois de caerse dun cabalo en Abegondo

Unha persoa evacuada en helicóptero despois de caerse dun cabalo en Abegondo
Foto de arquivo
Unha persoa evacuada en helicóptero despois de caerse dun cabalo en Abegondo

Sucedeu na parroquia de Figueroa, ao fío das 13:20 horas

Unha persoa resultou ferida de gravidade ao caerse mentres montaba a cabalo no termo municipal coruñés de Abegondo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa ferida tivo que ser trasladada no helicóptero medicalizado con base en Santiago do 061-Urxencias Sanitarias ata un centro hospitalario.

Sucedeu na parroquia de Figueroa, ao fío das 13:20 horas. Nese momento, foron os profesionais sanitarios os que alertaron do sucedido ao 112 Galicia. Acto seguido, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil, a Protección Civil e á Policía Local.

Comentarios
Lo más