Tres persoas feridas en Cambre ao ser atropeladas por un turismo que intentaban poñer en marcha

Tres persoas feridas en Cambre ao ser atropeladas por un turismo que intentaban poñer en marcha
Foto de arquivo
Tres persoas feridas en Cambre ao ser atropeladas por un turismo que intentaban poñer en marcha

Sucedeu no lugar da Veiga, á altura do número 8, ao fío das 9:30 horas

Tres persoas resultaron feridas esta mañá en Cambre ao ser atropeladas por un coche que empuxaban para intentar arrancalo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

Sucedeu no lugar da Veiga, á altura do número 8, ao fío das 9:30 horas. Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Arteixo.

Comentarios
Lo más