Atropelan a unha muller en Monforte de Lemos
13:48 04/01/19
13:48 04/01/19
Sucedeu uns minutos despois das 12:30 horas e foi o 061-Urxencias Sanitarias quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia
En Monforte de Lemos, unha muller tivo que ser trasladada a un centro hospitalario tras ser atropelada na rúa Chantada, á altura do número 95.
Sucedeu uns minutos despois das 12:30 horas e foi o 061-Urxencias Sanitarias quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia. Os profesionais sanitarios indicaban na súa chamada que a muller se atopaba inconsciente despois do atropelo.
Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso a Protección Civil, aos Bombeiros de Monforte e á Policía Local.