Morre unha persoa en Arnoia tras envorcar o seu tractor

Morre unha persoa en Arnoia tras envorcar o seu tractor
Morre unha persoa en Arnoia tras envorcar o seu tractor

Ás 19:30 horas de onte, unha persoa púxose en contacto co 112 Galicia tras localizar nunha finca un tractor semi envorcado contra unhas viñas

Un veciño de Arnoia faleceu despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba no lugar do Outeiro.

Ás 19:30 horas de onte, unha persoa púxose en contacto co 112 Galicia tras localizar nunha finca un tractor semi envorcado contra unhas viñas. Pese á posición do vehículo agrícola, o home que o manexaba estaba accesible e liberado, tal e como indicou o veciño que alertou a través do 112.

Con todo, desde o servizo de emerxencias, pediuse a colaboración dos profesionais sanitarios, Bombeiros do Carballiño e membros do GES de Ribadavia, que unha vez no lugar do accidente comprobaron que o condutor do tractor estaba falecido.

Co obxectivo de determinar as circunstancias do suceso, tamén acudiron ao punto os axentes da Garda Civil. 

Comentarios