Padrón da unha gran benvida aos Reis Magos de Oriente

Padrón da unha gran benvida aos Reis Magos de Oriente

O acto central tivo lugar na carpa que o Concello instalou para que todos os rapaces e rapazas puideran falar de primeira persoa coas súas maxestades

Como cada 5 de xaneiro a maxia e a ilusión dos Reis Magos inundaron as rúas de Padrón. Milleiros de persoas foron testemuñas do percorrido que realizaron na vila. Un traxecto no que estiveron acompañados en todo momento por unha longuísima comitiva de 100 persoas entre paxes e personaxes de fantasía, pastorciños e pastorciñas etc.

O acto central tivo lugar na carpa que o Concello instalou para que todos os rapaces e rapazas puideran falar de primeira persoa coas súas maxestades e contarlles o que queren de regalos así como facer un repaso do seu comportamento ao longo do último ano.

Os fogos de pirotecnia deron a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar que estiveron con cada un dos nenos para regalarlles unha bolsa de lambonadas, un puzzle tangram e un io-ió.

Comentarios