Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un piso en Burela

Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un piso en Burela
Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un piso en Burela

Nestes traballos participaron os Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo, alertados desde o 112 Galicia

Un incendio orixinado na grella dun restaurante obrigou a desaloxar aos ocupantes dunha vivenda situada no andar superior.

Afortunadamente, ninguén resultou gravemente afectado, agás unha persoas que foi atendida no punto sen necesidade de ser trasladada ao Hospital.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume comezou ao fío da unha da tarde na grella dun restaurante situado nas proximidades do Palacio de Cristal, en Burela, e foise propagando pola cheminea e as terrazas dos pisos superiores. Por iso, os servizos de emerxencias procederon ao desaloxo do primeiro andar mentres duraron as tarefas de extinción.

Nestes traballos participaron os Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo, alertados desde o 112 Galicia.

Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Garda Civil.

Comentarios