O Concello de Oroso remata a pasarela cuberta que une o CEIP de Sigüeiro co pavillón polideportivo

O Concello de Oroso remata a pasarela cuberta que une o CEIP de Sigüeiro co pavillón polideportivo
O Concello de Oroso remata a pasarela cuberta que une o CEIP de Sigüeiro co pavillón polideportivo

“A obra é unha reivindicación dos país e nais que teñen nenos e nenas no centro”

O Concello de Oroso xa rematou as obras da pasarela cuberta que unirá o Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Sigüeiro co pavillón polideportivo, unha infraestrutura que mellora os servizos do centro.

“A obra é unha vella reivindicación dos pais e nais que teñen nenos e nenas no centro”, sostén o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Os traballos remataron estes días de Nadal para que o paso cuberto esté a pleno rendemento cando se reanude o curso académico.

O proxecto contou cun orzamento próximo aos 85.000 euros e permitirá, sobre todo nos meses de inverno, que os nenos e nenas poidan pasar do colexio ao pavillón sen mollarse.

“A obra retrasouse debido aos trámites burocráticos, polos problemas que xurdiron pola nova Lei estatal de Contratos e pola complexidade da posta en marcha da administración electrónica, o que provocou unha demora en moitos traballos dos concellos”, engade Mirás.

A pesares destes problemas alleos á administración local, o Concello de Oroso ten en execución ou en proceso de licitación a inmensa mayoría dos proxectos incluídos no programa electoral do ano 2015 e nos orzamentos de 2018. O grupo de goberno traballa xa nas contas para 2019.

Comentarios
Lo más