A Xunta elimina un punto de vertido ao río Coroño no lugar de Ponte Goiáns, no Concello de Boiro

A Xunta elimina un punto de vertido ao río Coroño no lugar de Ponte Goiáns, no Concello de Boiro
Río Coroño ao seu paso por Ponte Goiáns. Lita Tubio. Facebook
A Xunta elimina un punto de vertido ao río Coroño no lugar de Ponte Goiáns, no Concello de Boiro

Augas de Galicia realizou unha análise do punto de vertido da rede de pluviais na marxe esquerda do río, que amosou a ausencia de emisións contaminantes


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de eliminar un punto de vertido ao río Coroño no lugar de Ponte Goiáns, no Concello de Boiro.

As emisións contaminantes foron identificadas polos inspectores de Augas de Galicia no marco das labores rutineiras de control no citado municipio. Os resultados analíticos da mostraxe nun colector para a condución e desaloxo de augas pluviais ao río amosaron a presenza de contaminación de orixe fecal.

A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Boiro para que procedese a adoptar accións correctivas para a súa emenda. Seguindo se puido verificar, na compaña de representantes municipais, a contaminación estaba orixinada pola acometida irregular procedente dunha vivenda da zona.

A Xunta efectuou recentemente a inspección de seguimento no lugar, na que se comprobou que a acometida incorrecta foi anulada, reconducindo as augas residuais do inmoble á rede de saneamento municipal.

Ademais, procedeuse á realización dun novo control analítico do punto de vertido da rede de pluviais na marxe esquerda do río Coroño, cuns resultados que confirmaron a ausencia de emisións contaminantes.

Comentarios
Lo más