Unha vintena de veciños de Touro visitan unha cooperativa en Manzaneda

Unha vintena de veciños de Touro visitan unha cooperativa en Manzaneda
Unha vintena de veciños de Touro visitan unha cooperativa en Manzaneda

En Marea Touro organizou unha saída ó concello ourensán para coñecer de primeira man o funcionamento da cooperativa Amarelante

En Marea Touro organizou unha saída ó concello ourensán para coñecer de primeira man o funcionamento da cooperativa Amarelante, na que a súa principal actividade consiste na recollida de castaña e posterior elaboración de produtos de alto valor engadido con esta materia prima (fariña de castaña, castaña seca, bica).

Afirman que esta cooperativa é un exemplo de aproveitamento do rural, e unha mostra máis de que é posible xerar emprego de calidade e fixar poboación a través deste tipo de iniciativas.

O obxectivo desta visita foi que a veciñanza coñecese en profundidade o funcionamento deste modelo de negocio, para logo poder trasladalo ó concello de Touro, no que se producen todo tipo de produtos agroalimentarios.

A marea de Touro denuncia o inmobilismo e a incompetencia do alcalde popular Ignacio Codesido, incapaz de presentar unha sola proposta ou idea para mellorar a empregabilidade no municipio. 

Comentarios
Lo más