Encontro entre a asociación veciñal Casa Agraria e Xoán Bascuas

Encontro entre a asociación veciñal Casa Agraria e Xoán Bascuas

A xuntanza xirou sobre as numerosas demandas da veciñanza, entre as que destaca o mantemento do Centro Sociocultural

Xoán Bascuas e a directiva da asociación veciñal de Meixonfrío mantiveron un encontro no que trataron a diversidade de demandas, inquedanzas e reivindicacións do barrio, que ten pendente un alto volume de execución en materia de infraestruturas viarias. 

Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man as diferentes problemáticas que sinala a entidade veciñal: a situación do transporte urbano e a insuficiencia de frecuencias, falta de saneamento, plan de mobilidade e a falta de execución de obras licitadas e que levan un atraso de máis de tres anos, incumprimentos de execución dos orzamentos participativos dende o 2016, aperturas e arranxos de distintos viais que darían seguridade o tráfico no barrio, falta de beirarrúas. 

Dende a directiva da asociación vecinal sinalan como prioridade nas súas demandas a falta dunha solución do goberno municipal para o mantemento e gastos do Centro Sociocultural, que na actualidade recae sobre a veciñanza cun custo de 6000 euros anuais. A pesar de ter un compromiso de solución dende o ano 2015 (e tamén con gobernos anteriores , e mesmo de ser apoiado por todas as forzas políticas con representación no pleno, a día de hoxe segue sen ter unha solución.

Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e apoian as reivindicacións da veciñanza, polo que piden máis implicación por parte das institucións para cumprir as súas demandas.

Comentarios