Multitudinaria manifestación en protesta polas carencias do servizo de urxencias do CHUS

Multitudinaria manifestación en protesta polas carencias do servizo de urxencias do CHUS
Multitudinaria manifestación en protesta polas carencias do servizo de urxencias do CHUS

A marcha parteu pasadas as sete da tarde da céntrica Praza Roxa de Santiago con rumbo á Praza das Praterías no casco histórico

Multitudinaria manifestación no día de onte convocada polos traballadores de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago para protestar polo estado do servizo e reclamar melloras.

A marcha parteu pasadas as sete da tarde da céntrica Praza Roxa de Santiago con rumbo á Praza das Praterías no casco histórico, e estaba encabezada por unha pancarta que rezaba: "Por unha sanidade pública de calidade. Urxencias dignas xa".

A esta convocatoria sumáronse persoal sanitario de outros departamentos e equipos de atención primaria e das emerxencias do 061 que querían respaldar a protesta. Ademáis de moitos cidadáns que se sentían descontentos co sistema público de saúde.

Varios líderes políticos apoiaron a manifestación e marcharon xunto ao persoal sanitario. Entre eles atopábase Ana Pontón, voceira Nacional do BNG, que asegurou "que esto non se soluciona con titulares de prensa nin con mentiras" senón que se soluciona "recoñecendo o problema que provocaron os recortes e as privatizacións e sobre todo, poñendo máis medios e máis recursos".

Comentarios