Dúas mulleres feridas en Cee a causa dun xabaril

Dúas mulleres feridas en Cee a causa dun xabaril
Foto de arquivo
Dúas mulleres feridas en Cee a causa dun xabaril

O sinistro ocorreu sobre as 20:00 horas na AC-552 

Dúas mulleres resultaron feridas tras producirse un choque por alcance entre un vehículo e un camión de lixo a causa dun xabaril que interceptou na vía. As dúas ocupantes do vehículo, aínda que non parecían revestir gravidade, foron trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados uns minutos das 20:00 horas deste mércores. Foi un particular quen, a esa hora, informou aos xestores de emerxencias dun choque entre un turismo e un camión de lixo que ía baleiro, por mor dun animal que interceptara na vía, no punto quilométrico 88 da AC-552, no cruce da Pereiriña, en Cee.

Tras o aviso, ademais de alertar ao 061-Urxencias Sanitarias, axiña se informou aos axentes de Tráfico e da Policía Local. Así mesmo, puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Cee e dos efectivos de Protección Civil da localidade. 

Comentarios
Lo más