Celebración do día do usuario e da usuaria das bibliotecas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal

Foto de arquivo
Celebración do día do usuario e da usuaria das bibliotecas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal

A Biblioteca Pública de Santiago convida a todos os seus lectores e lectoras a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia

Con motivo do Día do Usuario e da Usuaria, o venres 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública de Santiago convida a todos os seus lectores e lectoras a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia:

- Nomeamento de Socios ou Socias de Honra, que recaerá nos tres ususarios infantís e nos tres usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2018. Ao longo de 2019 estes “superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

- Socio de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), 6 publicacións periódicas prestables e 6 publicacións periódicas para adultos.

- Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de Socio de Honra terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario e da Usuaria o 11 de xaneiro de 2020.

- Incrementeo do número de obras que se poden levar en préstamos duranto o Día do Usuario para todos os lectores e lectoras que se acheguen á Biblioteca Pública de Santiago a celebrar esta conmemoración.

- Adultos: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e devideoconsola), 6 publicacións periódicas prestables e 6 publicacións periódicas para adultos.

-Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.

- Visita guiada extraordinaria ás 12:00 horas aberta a todo o público que desexe coñecer os servizos, espazos e coleccións que ofrece a Biblioteca Pública de Santiago.

- Ademáis, ás 18:30 horas, no salón de actos, a bilioteca contará coa presenza de Olga Abad quen realizará o obradoiro de sombras chinesas “As nosas historias“ no que se mesturan a maxia do teatro de sombras chinesas coa forza das historias da nosa tradición oral. Os pequenos e pequenas participantes farán as súas sombras chinesas baseadas nos personaxes da historia que lles contará Olga Abad e, por último, farán a representación do conto. A entrada realizarase por rigorosa orde de chegada, máximo 30 nenas e nenos de 5 a 8 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado dunha persoa adulta.

Comentarios
Lo más