Accidente de tráfico con tres feridos en Sarreaus

Accidente de tráfico con tres feridos en Sarreaus
Accidente de tráfico con tres feridos en Sarreaus

O accidente ocorreu na OU-P-117, á altura do cruce de Vilar de Barrio a Xinzo, ao fío das 11:30 horas

Unha colisión entre dous coches saldouse con tres persoas feridas esta mañá en Sarreaus. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as tres vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

O accidente ocorreu na OU-P-117, á altura do cruce de Vilar de Barrio a Xinzo, ao fío das 11:30 horas. Foi unha persoa particular quen deu o aviso do sinistro ao 112 Galicia e, a partir de aí, o persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Laza, dos Bombeiros de Xinzo e de Protección Civil de Vilar de Barrio.

Comentarios