O Goberno de Ames deféndese das acusacións do PP de erros nas licitacións de dous proxectos

Foto de arquivo
O Goberno de Ames deféndese das acusacións do PP de erros nas licitacións de dous proxectos

O PP indica que os erros impiden continuar coa súa licitación xa iniciada o pasado ano 2018 mentres que desde o Goberno infórmase ademáis que ambos procesos están actualmente subsanados e licitándose

Os populares de Ames denuncian que con carácter extraordinario e urxente, a Xunta de Goberno tivo que reunirse para acordar o desestimento de dous proxectos de licitación iniciados no último trimestre do ano, que son: o contrato de servizos de deseño e implantación da administración electrónica; así como o contrato de subministro, instalación e montaxe para a mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública no Milladoiro.

Recordan que no caso do contrato para a mellora da iluminación no Milladoiro, no mes de xullo de 2018, o tripartito xa publicitaba a inversión de máis de 230.000€, con fondos da Deputación da Coruña, a través do POS 2017, para instalación e montaxe dos elementos necesarios para a mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública no Milladoiro. O tardou 15 meses en iniciar o seu proceso de licitación e o desestimento do contrato debeuse á declaración de nulidade dunha das cláusulas administrativas

O PP tamén indica que no contrato de servizos de deseño e implantación da Administración Electrónica, o tripartito tivo que desistir do procedemento da licitación o mesmo día en que remataba o prazo de presentación de ofertas xa que se detectou un erro material na configuración dos sobres da licitación. Foron erroneamente configurados só dous sobres.

Pola súa parte, o alcalde de Ames fai chegar un documento a este medio no que se defende das acusacións vertidas polos populares. Nel indica que "que desde que chegaron ao Goberno decidimos non inmiscuirnos nos procesos de tramitación administrativa dos diferentes contratos ou licitacións deixando aos técnicos e persoal do Concello levar a cabo o traballo de xeito autónomo e idependente".

"O feito de que nos últimos meses dúas licitacións se viran anuladas por defectos na documentación do pliego administrativo, ou na falta de descripción dos sobres que debería conter a oferta, son erros humanos que de ninguna maneira imos a tolerar que o PP utilice como campaña propagandística". Desde o Goberno infórmase ademáis que ambos procesos están actualmente subsanados e licitándose.

"No tocante á licitación de luminarias decir que tamén se atopa en proceso, subsanado o erro e no que o propio Tribunal de contratación chegou a estimar parcialmente as alegacións do Concello, dándolle a razón ao Concello en certos dos aspectos reclamados e sendo un erro de cifras na solvencia técnica o que motivou a súa anulación".

Comentarios