Colaboracións científicas de Aldea Viva conclúen que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina de Touro debe ser negativa

Colaboracións científicas de Aldea Viva conclúen que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina de Touro debe ser negativa
Colaboracións científicas de Aldea Viva conclúen que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina de Touro debe ser negativa

Destacan que nun proxecto de dimensions colosais e moitas posibles afeccions é de destacar o pouco nivel de concreción e as dificultades para a súa consulta nunha documentación pouco organizada e repetitiva na que caseque todo está por definir

Aldea Viva coa colaboración de varios investigadores galegos analiza os últimos informes presentados pola mineira e tira conclusións. Todos coinciden en que hai unha intencionalidade clara para ocultar datos que non son do seu interese e que deixan en evidencia a inviabilidade da explotación mineira.

Destacan que nun proxecto de dimensions colosais e moitas posibles afeccions é de destacar o pouco nivel de concreción e as dificultades para a súa consulta nunha documentación pouco organizada e repetitiva na que caseque todo está por definir, e a valoración de efectos sobre as augas,morfometría, usos do solo correspondería aos proxectos de detalle posteriores.Todo semella estar aberto a detalles.

Entre os aspectos técnicos que analizaron apuntan que os modelos hidrolóxico-hidraulicos e de balance de augas aportados pola empresa carecen da máis elemental sistemática, e son dunha dificultade extraordinaria á hora analizar e concluír sobre os posibles impactos da explotación durantes 14 anos.

Outra mostra do pouco rigor científico que teñen estes informes atopámola no referente ós vertidos ó dominio público hidráulico, xa que só se fala dos procedentes da planta de tratamento, que por outra banda, deixan de producirse a partir do ano 7 e que son só unha mínima parte do total. 

Comentarios