A avespa velutina non quere hibernar este ano

A avespa velutina non quere hibernar este ano
Mapa velutina. Xunta de Galicia
A avespa velutina non quere hibernar este ano

A primavera de 2018 foi crúa, o que retrasou o comenzo da actividade destas avespas invasoras. Pero o inverno foi más feble e puido axudar a que alargaran o seu ciclo vital un poco máis do normal

En contra do que din os expertos, que afirman que a velutina remata o seu ciclo a finais de novembre e principios de decembro, esta vez négase a hibernar xa que, agora en xaneiro estase a encontrar niños en varios concellos galegos. "En Sabarís aínda retiramos un hai pouco. E en Salceda de Caselas deixamos algún para estudalo e ver cómo evoluciona nas vindeiras semanas. Son niños a final de ciclo pero que aínda non entraron na fase de hibernación que teoricamente lles correspondería", explica Esther Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia (AGA). A costa de Lugo y Ourense, a Ribeira Sacra e o sur de Pontevedra son as zonas onde máis casos se localizaron. Ademáis, detectaron tamén a presenza de niños activos. O presidente de AGA, Jesús Asorey indica: «Calculamos que a semana pasada había arredor dun dez por cento de niños con actividade. Na zona de Abegondo, por exemplo, víronse vespas velutinas hai poucos días»

Esther Ordóñez engade que "son especies invasoras e hai que estudar como se van adaptando á zona". "Hai dous anos o inverno foi moi suave e atopamos algún niño activo no mes de febreiro".

Marcos González, profesor de Zoología de la USC y director del Museo de Historia Natural de Santiago, informa:  «Esos ciclos vienen marcados genéticamente, harían falta miles de años para modificarlos. No va a suceder que de repente las velutinas permanezcan activas todo el año. Lo que sí sucede es que cada temporada, según las condiciones climáticas y meteorológicas, hay cambios en los ciclos». Explica que a primavera de 2018 foi crúa, o que retrasou o comenzo da actividade destas avespas invasoras. Pero o inverno foi más feble e puido axudar a que alargaran o seu ciclo vital un poco máis do normal. Eso sí, González engade: "El frío extremo de los últimos días en Galicia debería hacer inviable su actividad salvo casos muy excepcionales de nidos situados en lugares muy abrigados".

A velocidade á que se adaptan as avespas asiáticas están deixando abraiados incluso aos científicos. Porque fai uns anos, a crenza era que a velutina non colonizaría a alta montaña galega pero xa chegou a municipios como Pedrafita do Cebreiros, Navia de Suarna, Carballeda de Valdeorras ou A Fonsagrada.

No mapa de detección de niños da Xunta figuraban a 31 de decembro estaban detectados moitos niños ao longo da xeografía galega. No mapa actualizado a 8 de xaneiro pódese apreciar o descenso de niños da avespa velutina, probablemente pola entrada da ola de frío que estos días nos está a visitar en Galicia.


Comentarios