Buscan a un menor de Poio que se deu á fuga dun centro de menores de Pontevedra

Buscan a un menor de Poio que se deu á fuga dun centro de menores de Pontevedra

O rapaz desapareceu o 31 de decembro e foi visto por última vez no barrio de Monte Porreiro 

Francisco López Rodríguez, de 17 anos, atópase en paradoiro descoñecido e está sendo buscado pola súa familia dende o 31 de decembro, día no que desapareceu. O rapaz, veciño de Poio, foi visto por última vez no barrio de Monte Porreiro en Pontevedra.

"Teñen que buscalo porque este neno está a correr moito risco na rúa, con frío e fame", dicía onte o pai do desparacido. "A familia non vaiche a fallar" engadía o pai pidindo que volvera para a casa. Súa nai tamén indicaba: "O que lle pido ao meu fillo é que faga que este martirio se acabe, porque levamos unha semana e varios días que é un sinvivir, nin para min nin para o pai por non dicir á súa irmá, que só ten 14 anos, aínda que sabe que estamos doídos porque nos fixo moito dano, querémolo e sabemos que se a Policía non o atopa vai acabar mal. O único que queremos é que volva a casa porque imos estar axudándoo, sempre vai ter á familia do seu lado".

O menor estivo en contacto con seus pais a través de Instagram ata fai catro días, momento no que deixou de responder as mensaxes. Francisco deuse á fuga do Centro de Menores Avelino Montero de Pontevera o día de fin de ano. O rapaz atopábase ingresado no centro dende o 1 de decembro de 2017 por delitos de furtos e roubos.



Comentarios