Entrega de sinaturas en apoio á folga de urxencias de Santiago e Carta ao presidente da Xunta e ao Conselleiro de Sanidade

Entrega de sinaturas en apoio á folga de urxencias de Santiago e Carta ao presidente da Xunta e ao Conselleiro de Sanidade
Foto de arquivo
Entrega de sinaturas en apoio á folga de urxencias de Santiago e Carta ao presidente da Xunta e ao Conselleiro de Sanidade

Onte foron entregadas máis de 10.000 sinaturas e unha carta dirixida ao presidente da Xunta e ao Conselleiro de Sanidade

Onte os membros do Comité de folga da Comisión de Centro do CHUS entregaron no Rexistro da Xunta máis de 10.000 sinaturas que ían acompañadas do seguinte texto: "Os abaixo asinantes manifestamos o noso apoio ás mobilizacións e a folga convocada pola Comisión de Centro no Servizo de urxencias do CHUS e unímonos a eles nas súas reinvindicacións co fin de conseguir unhas URXENCIAS DIGNAS PARA TODOS E TODAS".

Segundo afirman dende o Comité, trátase dunha Mostra de que a cidadanía esta concienzada do problema existente e manifesta o seu apoio as reinvindicacións dos traballadores/as.

Asemade enviouselle unha carta ao presidente da xunta e ao Conselleiro de Sanidade na cal son os traballadores/as os que relatan os distintos procesos que os levou a convocatoria de folga ante a pasividade das distintas xerencias ante o conflicto de urxencias. 





Comentarios
Lo más