Unha persoa foi atropelada en Vigo

Foto de arquivo
Unha persoa foi atropelada en Vigo

A vítima tivo que ser trasladada ao Hospital Povisa

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Vigo ao ser atropelada na rúa Teixugueiras, á altura do número 22. Segundo indica o 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada ao Hospital Povisa.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do accidente. Indicaba no seu relato que a persoa atropelada se atopaba inconsciente e convulsionaba. Con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Vigo.

Comentarios