Corte de tráfico na rúa do Espírito Santo

Corte de tráfico na rúa do Espírito Santo
Google Maps
Corte de tráfico na rúa do Espírito Santo

A rúa vai quedar cortada ao tráfico dende o luns 14 ata o xoves 17 de xaneiro

Con motivo de traballos na rede de sumidoiros a cargo da concesionaria Viaqua, a rúa do Espírito Santo vai quedar cortada ao tráfico dende o luns 14 ata o xoves 17 de xaneiro.

Tanto os/as usuarios/as dos garaxes coma os vehículos da carga e descarga deberán entrar e saír pola avenida de Xoán XXIII e a praza de Ultreia.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Comentarios