Continúa aberta en Fonseca a exposición sobre as conexións e distorsións entre moda e arte

Continúa aberta en Fonseca a exposición sobre as conexións e distorsións entre moda e arte
USC
Continúa aberta en Fonseca a exposición sobre as conexións e distorsións entre moda e arte

Poderá visitarse ata o 31 de xaneiro de 2019 en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas

Vinte e catro deseñadoras e dous deseñadores mostran na exposición ‘Especulacións utópicas; interseccións entre moda e arte arredor do corpo’ a súa visión particular acerca dos puntos de conexión e mesmo contaminacións entre a moda e a arte.

Como explica a comisaria da iniciativa, Lola Dopico, no contexto da creación de moda contemporánea son numerosos os untos de intersección entre a moda e a arte nas súas reflexións arredor do corpo. ´Deste xeito, como pode verse na propia exposición, a indumentaria ás veces transfórmase en prótese, pel tecnolóxica ou interface corporal, “concepcións que xorden da man de artistas e deseñadores para dar forma a superficies e volumetrías experimentais, corpos utópicos ou extensións dun corpo ciborg”, explica Dopico.

As deseñadoras que participan na mostra son Ana Abal, María Alborés, Teresa Búa, Tania Campos, María Castellanos, Alberto Valverde, María Cores, José Cortizo, Ana Micaela Fernández, Basilisa Fiestras, Paloma García, Ainhoa González, Andrea Losada, Silvia Marra, Bibi Martín, Isabel Mastache, Aida Mosquera, Laura Murillo, María Paz, Sheila Pazos, Estela Pérez, Sara Pérez, Mar Ramón, Inmaculada Rodríguez, Carla Soage e Sara Vigo

Esta interesante proposta é unha produción do Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda (ESDEMGA) da Universidade de Vigo coa colaboración da USC que poderá visitarse ata o 31 de xaneiro de 2019 en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Comentarios