Conferencia sobre Educación de Juan Escudero no Ateneo

Conferencia sobre Educación de Juan Escudero no Ateneo

Terá lugar o luns 14 ás 20:00 horas

O próximo luns o Ateneo de Santiago retomará as actividades de Os Luns do Ateneo cunha conferencia do Catedrático de Didáctica da Universidade de Murcia e Doutor Honoris Causa da USC Juan Manuel Escudero.

Baixo o título “A Educación no século XXI: vai de leis ou de profesores?, este pioneiro no ámbito da Didáctica e autor de obras paradigmáticas no campo da Pedagoxía, tratará aspectos como o cambio na educación, as reformas educativas, o desenvolvemento profesional dos profesores ou os procesos de mellora institucional dos centros escolares.

O acto terá lugar ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela e será de acceso libre e gratuíto ata completar o aforo dispoñible, rematando co tradicional debate co público asistente.

Juan Manuel Escudero Muñoz é Licenciado en Pedagoxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Valencia. Foi Decano da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Decano da Facultade de Educación e Director do Instituto de Educación e do Departamento de Curriculum e Investigación Educativa da Universidade de Murcia e membro do Consello Escolar do Estado, de diferentes axencias avaliativas e dos consellos científicos de diversas revistas. Na USC foi o primeiro catedrático da área de Didáctica e Organización Escolar, articulando un grupo de traballo arredor do currículo e o seu desenvolvemento, pioneiro en España.

Comentarios