O Sergas nega "rotundamente" as mortes que ocorreron en urxencias do CHUS

Foto de arquivo
O Sergas nega "rotundamente" as mortes que ocorreron en urxencias do CHUS

Aseguran que "non recibiron ninguna comunicación oficial dos supostos feitos denunciados"

Onte tivo lugar a segunda xornada da comisión de investigación alternativa sobre a situación da sanidade pública en Galicia integrada solo por grupos da oposición no Parlamento galego que investigan o impacto dos recortes presupuestario no sistema de saúde. Nela participaron tres profesionais da sanidade.

Entre eles, Fátima Nercellas, médico de urxencias e delegada sindical de O'Mega no CHUS, informou do traslado á Fiscalía de dous casos de falecemento nas urxencias do CHUS que tiveron lugar o pasado día 2 de xaneiro. “Ese día houbo catro paradas nos corredores de urxencias, dúas saíron adiante e dúas persoas faleceron” informou.

A médico explicou que denunciou a situación de precariedad e de colapso no servizo de urxencia do CHUS que acabou nun "deterioro" da saúde dos pacientes duranta a súa espera nos corredores ata rematar en morte. Esto ocurreu a pesar dos avisos que os profesionais sanitarios fixeron varias veces á dirección do centro e ao Sergas. Según explica Nercellas, enviáronlles tres alertas que non foron atendidas.

“Estamos nunha situación dramática. A día de hoxe estamos entrando na epidemia da gripe esta semana supostamente activase o plan de continxencia que é acumular aos doentes entre cortinas en urxencias. Non poden saír de urxencias ata saber que tipo de gripe é e polo tanto tampouco poden subilos a planta xa que deberían estar en habitacións separadas pero si poden estar en urxencias cos seus acompañantes” declarou.

Segundo opina Nercellas, "a falta de persoal e espazo de traballo fan que a xente se deteriore ata morrer no corredor ou nun tempo breve de entrada no cubículo". O asunto remitido á Fiscalía, engade Narcellas, ten que ver con "dous anciáns fráxiles": un deles morreu dunha isquemia intestinal e o outro de infarto.

Efe informa que a primeira, o caso dunha muller maior que sufriu una "preparada" cardiaca por unha situación "moi grave" que presentaba e tivo que esperar máis dunha hora no pasillo. O segundo, esperou "dúas horas e media ata entrar no cubículo" onde sufreu unha parada cardiaca. Os médicos intentaron reanimalo pero xa era tarde.

Fátima Nercellas concluiu a súa comparencencia lamentando que os directivos do Sergas "non fan caso a nada, Inspección de Traballo nada, o Fiscal e os xuíces dalles exactamente igual, o único que lles preocupa ao mello é esto (referíndose á comisión de investigación) e a prensa".

Segundo recolle ABC, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou que se recibiron dúas denuncias polos falecementos no CHUS e que se "abriron dilixencias de investigación para esclarecer os feitos e terminar a posible existencia de delitio".

Pola súa parte, a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago negou "rotundamente" as mortes denunciadas por Fátima Nercellas alegando que "non recibiron ninguna comunicación oficial dos supostos feitos denunciados" segundo afirman nun comunicado que fixeron público a tarde de onte. "En ningún caso houbo enfermos triados como urxencia vital esperando inadecuadamente a ser atendidos; os enfermos con urxencia vital non esperan e son atendidos na zona de críticos e de monitores, espazos que contaron con camas libres a disposición para ser ocupadas toda a tarde" aseguran. 

Engaden que o día 2 de xaneiro reforzouse o servizo de urxencias con persoal e que todos os espazos dispoñibles estaban operativos. Ademáis de que nese día "deuse unha circunstancia totalmente inusual xa que no período de dúas horas, entre as 15:00 e as 17:00, e coincidindo co cambio de quenda de profesionais, entraron máis de 80 doentes novos no servizo de urxencias".

Comentarios