Un coche bate contra unha pedra de grandes dimensións en Boiro

Foto de arquivo
Un coche bate contra unha pedra de grandes dimensións en Boiro

O sinistro produciuse na pista que vai dende a antiga base militar dende Iroite a Noceda

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a catro persoas que resultaron feridas en dous accidentes rexistrados en Boiro e Betanzos.

Segundo informa o 112 Galicia, o primeiro sinistro produciuse ás 22:45 horas da pasada noite en Boiro, concretamente na pista que vai dende a antiga base militar dende Iroite a Noceda, onde un vehículo con dous ocupantes a bordo batía cunha pedra de grandes dimensións e no que sufriron diversas feridas polo impacto. Finalmente, ambas as doas feridas foron evacuados nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital do Barbanza.


Comentarios
Lo más