Un incendio no cadro de contadores obriga ao desaloxo dun edificio no Porriño

Un incendio no cadro de contadores obriga ao desaloxo dun edificio no Porriño
Foto de arquivo
Un incendio no cadro de contadores obriga ao desaloxo dun edificio no Porriño

Ocorreou sobre as 22:00 horas. Ao lugar acudiron persoal de extinción de Mos e Porriño

Un incendio que se orixina no cadro de contadores obrigou ao desaloxo dos veciños dun edificio na localidade pontevedresa do Porriño.

As 22:00 horas deste venres, un dos moradores alertaba ao 112 Galicia dun incendio no cuarto dos contadores. A partir de aí, os xestores do CIAE 112, de inmediato, puxeron os feitos en coñecemento do persoal de extinción de Mos e do Porriño. Do mesmo xeito, informouse da situación á Garda Civil, dos servizos sanitarios de urxencia, da Policía Local e Protección Civil da localidade e ao persoal da empresa subministradora de electricidade que abastece a zona.

Segundo informa 112 Galicia, unha vez extinguido o lume e ventilado o inmoble, os veciños regresaron as súas vivendas.

Comentarios