A USC implementará un novo sistema de rexistro horario para os traballadores

A USC implementará un novo sistema de rexistro horario para os traballadores
A USC implementará un novo sistema de rexistro horario para os traballadores

Este sistema porase en funcionamento primeiro co persoal de administración e servizos e, meses máis tarde, co persoal docente e investigador

A Universidade de Santiago de Compostela vai implementar un sistema sistema de rexistro horario para o persoal que ten por obxecto verificar o cumprimento da xornada de traballo establecida, permite o rexistro do tempo de presenza e/ou ausencia do persoal no posto de traballo e a entrada de códigos de incidencias cando se abandona. Este sistema está a causar polémica entre o persoal, tanto persoal de administración como profesorado, que teñen a obriga de utilizalo. O sistema está en fase de implantación e porase en funcionamento primeiro co persoal de administración e servizos e, meses máis tarde, co persoal docente e investigador.

Varios sindicatos como CSIF, UXT ou a CIG pronunciáronse en contra do sistema que consideran de "fiscalización" e de non ter en conta as particularidades dalgunhas facultades como nas que se fan prácticas de campo ou de laboratorio. Afirman que aínda non se sabe se é viable no caso de profesorado. E no caso do persoal de administración e servizos, a a aplicación só computa ata as 15.00 horas o cal supón que as horas que non se fan no horario habitual faranse noutras franxas horarias (tarde ou noite) que fixe a USC, o que aforrará á institución contratar traballadores.


Pola súa parte, Antonio López Díaz, reitou da USC, afirma que o novo sistema de rexistro horario para os traballadores que ten a USC en nómina permitirá dar «máis flexibilidade horaria e mesmo facilitar ou teletraballo». Ademáis nega que se trate dun sistema específico de control horario que pretenda fiscalizar o tempo de traballo.


Comentarios