Adxudicada a pavimentación da estrada de Fafián en Ribeira

Adxudicada a pavimentación da estrada de Fafián en Ribeira

A vía enlaza o entorno do cemiterio municipal co do viveiro de empresas

O Concello de Riveira informa da adxudicación das obras dirixidas á pavimentación da estrada de Fafián, na cidade de Santa Uxía, ao longo dun tramo de 370 metros.

O firme da vía en cuestión, que enlaza o entorno do cemiterio municipal co do viveiro de empresas, rexistra hoxe en día un pavimento en mal estado. Xa no Nadal do ano pasado fixérase unha actuación dirixida á instalar unha rede de canalización de pluviais da que a estrada carecía e agora vaise proceder a estender unha nova capa de aglomerado asfáltico para mellorar a seguridade viaria nun vial con frecuente tráfico rodado.

A empresa que se encargará de realizar as obras será Nemesio Ordóñez S. A.. Ten un importe de 31.982 euros e o seu prazo de execución é dun mes.

Comentarios