O concurso de ideas para a construcción do novo auditorio de Ribeira constará de dúas fases

O concurso de ideas para a construcción do novo auditorio de Ribeira constará de dúas fases

O Concello de Ribeira busca un proxecto singular que aspire a ser referente arquitectónico seguindo a liña da nova lonxa ou o mercado municipal

A semana que vén será convocado o concurso de ideas para o novo Auditorio Municipal de Ribeira unha vez resultaron ultimadas as bases polas que se rexerá este certame para a construción dunha infraestrutura para a que a EDUSI (cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo deDesenvolvemento Rexional –FEDER— mediante o Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020) reserva unha partida de 2,5 millóns de euros. 

Conforme ao programa de necesidades incluído no citado documento, a pretensión do Concello consiste en dispoñer dun proxecto singular que sexa un auténtico referente, seguindo a liña arquitectónica doutras obras recentes como o mercado ou a nova lonxa. Ademais, búscase unha proposta innovadora, funcional e que teña repercusión positiva na actividade turística.

O concurso de proxectos constará de dúas fases:

1. Unha primeira fase pública, aberta e anónima, de 30 días naturais dendea publicación da convocatoria, na que un xurado seleccionarán 3 propostas a nivel de ideas.

2. Unha segunda fase, tamén de 30 días, na que os responsables das 3 ideas seleccionadas presentarán cadanseu anteproxecto. Todos eles recibirán en concepto de prima unha cantidade de 9.000 euros máis IVE.

O xurado decidirá un gañador, que será o responsable do proxecto que se executará nunha parcela de 1.372 metros cadrados nunha parcela anexa ao parque do Centenario.

Criterios

Na primeira fase, o xurado valorará a “calidade técnica global, con expreso pronunciamento sobre a singularidade e funcionalidade da proposta e a súa relación e tratamento co entorno inmediato (zona verde), a adecuación ao programa de necesidades, a sostibilidade e execución da proposta así como a viabilidade e límite económico”. Na segunda valoraranse, ademais destes criterios, a calidade e viabilidade técnica, o contido funcional e a economía dos materiais a empregar nas solucións construtivas e o seu mantemento.

Unha vez resolto o concurso de ideas, o Concello adxudicará ao gañador a redacción do proxecto básico/execución, ademais do estudo de seguridade e saúde, a dirección das obras e a coordinación de seguridade e saúde. O orzamento máximo por todos os conceptos será de 242.000 euros.

De acordo coas bases do concurso, o edificio deberá constar dunha planta soto ou semisoto (equipada entre outras prestacións con camerinos e vestiarios e unha aula de ensaios ou usos múltiples debidamente insonorizada) e dunha planta Auditorio con hall/vestíbulo de entrada e dous niveis (patio de butacas e palco) cun aforo total mínimo de 450 espectadores.

Prevese ademais unha planta baixo cuberta cunha sala polivalente e un corpo de aseos cunha superficie total de 200-220 metros cadrados.

Apertura dun novo vial

Cómpre informar tamén de que, como complemento a esta actuación, será aperturado un novo vial que enlace as rúas Barbanza e Estatuto (é dicir, a zona das Xulgados con Abesadas) que descorrerá lindando co novo Auditorio.

Comentarios