Bascuas reclama unha políticia real de vivienda na cidade

Foto de arquivo
Bascuas reclama unha políticia real de vivienda na cidade

Compromiso sinala que, con 9.000 vivendas desocupadas e a burbulla nos alugueiros, cómpre adoptar medidas

Xoán Bascuas amosa a súa preocupación polo alto número de vivendas valeiras na cidade, unhas 9.000 dun parque de 53.663 vivendas.

Dende Compromiso sinalan que o mercado inmobiliario está a piques de vivir unha segunda burbulla, ao non ser capaz de atopar o equilibrio entre o alugueiro residencial e o turístico. Esta situación do mercado inmobiliario está a impedir o acceso á vivenda ás familias con menos recursos. De feito, é unha das causas que está a contribuír a que Santiago estea a perder poboación en favor dos Concellos limítrofes.

Os galeguistas ven insuficiente o Plan Nacional de Vivenda 2018-2021, por falta de orzamento, moi alonxado da realidade de Santiago e pídenlle ao Concello que tome as medidas oportunas para atallar esta situacion. Velaí que Xoán Bascuas aposte por políticas de vivenda pública que están desaparecidas: “o Concello ten competencias e recursos suficientes para actuar nesta materia e que podería contribuír a frear tanto o aumento dos prezos da vivenda, a expulsión da cidadanía compostelá do seu propio Concello, e satisfacer un dereito para calquera ser humano". O candidato galeguista engade que “a política de vivenda non debe limitarse a facer xornadas sobre o asunto, senón que tamén debe implicar a promoción directa desde o propio Concello de vivendas para o alugueiro con prezos taxados”.

Comentarios
Lo más