Na busca do 1117 do sorteo da Cabalgata de Reis de Ribeira

Na busca do 1117 do sorteo da Cabalgata de Reis de Ribeira

Xa apareceron o 0287 e o 1014, cada un dos cales recibiu un agasallo

A Concellería de Cultura segue na procura da persoa posuidora do número 1117 do sorteo que os Reis Magos de Oriente efectuaron na noite da Cabalgata dende o balcón da Casa Consistorial.

Xa apareceron o 0287 e o 1014, cada un dos cales recibiu un agasallo. Aquel que teña o citado 1117 poderá reclamar o seu regalo no Centro Cultural Lustres Rivas. Caduca o 5 de febreiro.

Comentarios
Lo más