Incendio nunha vivenda de O Barco de Valdeorras

Foto de arquivo
Incendio nunha vivenda de O Barco de Valdeorras

Sucedeu pouco antes das 11:00 horas na rúa Carneiro Galbar

Un incendio na cheminea dunha vivenda adosada obrigou a intervir aos Bombeiros de Valdeorras. Segundo indica o 112 Galicia a través da información que obtivo da Policía Local da localidade, sucedeu pouco antes das once desta mañá na rúa Caneiro Galbar, no Barco de Valdeorras.

Tratouse dun lume que se orixinou nunha cheminea que se atopa entre as dúas vivendas adosadas e que pasa polo interior dun armario. Nese punto propagouse a roupa. Pouco despois, o lume quedou sufocado e ninguén resultou ferido.

Tamén, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron aos profesionais sanitarios de Urxencias Médicas, aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Valdeorras.

Comentarios