Un motorista ferido ao saírse da vía

Un motorista ferido ao saírse da vía
Foto de arquivo
Un motorista ferido ao saírse da vía

O accidente ocorreu sobre as 10:45 horas na estrada N-651 na entrada de Miño

Un motorista ferido esta mañá despois de saírse da vía co vehículo que conducía.

Próximo ás 10:45 horas de hoxe, un particular alertou ao 112 Galicia dunha saída de vía na estrada N-651 que une as localidades da Coruña e Ferrol, concretamente, na entrada de Miño. Indicaba que a persoa atopábase no chan da vía.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Betanzos. Do mesmo xeito, informaron da situación aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Protección Civil de Miño.

Unha vez no punto e finalizada a atención do motorista, os servizos sanitarios confirmaron que a persoa ferida trasladouse ao Hospital Modelo da Coruña.

Comentarios