Hospitalizan a un bebé tras resultar lesionado durante unha pelexa entre seus pais en Vilagarcía

Hospitalizan a un bebé tras resultar lesionado durante unha pelexa entre seus pais en Vilagarcía
Hospitalizan a un bebé tras resultar lesionado durante unha pelexa entre seus pais en Vilagarcía

O suceso tivo lugar ás 07:00 horas desta maña, momento no que unha parella comezaron a discutir violentamente despois de chegar de festa

A primeira hora de esta mañá, un bebé de once meses foi ingresado no Hospital do Salnés ao haber resultado ferido no transcurso dunha pelexa entre seus pais. O suceso tivo lugar ás 07:00 horas desta maña, momento no que unha parella comezaron a discutir violentamente. 

Na vivenda residían os xoves, de arredor da vintena de idade, dous fillos da parella, unha tía e dous primos, que se quedaran ao cargo dos fillos para que a parella puidera saír o sábado á noite. Ao chegar de festa, foi cando comezaron a discutir, e durante esta pelexa foi cando o bebé resultou lesionado. Os veciños alarmáronse ao escoitar berros, chorosd do bebé e golpes. Cando chegou a Policía atopou á nai sangrando polo labio e por un oído, e ao pai que tamén sangraba. O bebé foi evacuado nunha ambulancia á que chamara a súa tía.

Pouco despois, o bebé foi dado de alta xa que só tiña contusións leves, e os nenos da parella quedaron a cargo dun familiar. A parella foi detida e están acusados de violencia no ámbito familiar.

Comentarios