Unha persoa ferida despois de chocar unha motocicleta contra un coche en Cangas

Unha persoa ferida despois de chocar unha motocicleta contra un coche en Cangas

O motorista quedou ferido e foi trasladado polo 061

Preto das 14:30 horas desta tarde, os servizos sanitarios tiveron que intervir nun sinistro rexistrado na avenida de Vigo da localidade pontevedresa de Cangas, á altura da rotonda do porto.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, unha motocicleta colidiu contra un coche. Como consecuencia do impacto, o motorista quedou ferido, polo que tiveron que acudir os Bombeiros do Morrazo, a Policía Local e Protección Civil de Cangas. Ademáis, dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para a atención e traslado da persoa.

Comentarios