Un coche envorca ao chocar contra outro coche

Foto de arquivo
Un coche envorca ao chocar contra outro coche

O suceso ocorreu na AC-231, punto quilométrico 1 no Concello de Sobrado

Ao redor das 17:30 horas unha persoa resultou ferida ao envorcar o vehículo que conducía tras bater contra outro coche. 

O suceso ocorreu na AC-231, punto quilométrico 1, e foi preciso a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa e dos servizos sanitarios de urxencia.

Así mesmo, informouse do suceso ao persoal de Protección Civil da localidade e da Axencia Galega de Infraestruturas para recuperar as condicións de seguridade da vía. A persoa ferida foi trasladada ao Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela.

Comentarios