Unha persoa atropelada en Nigrán

Unha persoa atropelada en Nigrán
Foto de arquivo
Unha persoa atropelada en Nigrán

O suceso tivo lugar na avenida do Val Miñor sobre as 14:00 horas

Este tarde, pasadas as 14:00 horas, unha persoa particular informaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia dun atropelo a unha persoa na avenida do Val Miñor, no termo municipal de Nigrán. 

Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, persoal do 061-Urxencias Sanitarias e axentes da Policía Local de Nigrán. Ademais, informouse aos membros GES de Val Miñor.

Comentarios