Presentación da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago

Presentación da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago
Foto de arquivo
Presentación da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago

Nela presentarase o programa da Semana Santa 2019

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia o 9 de maio do pasado ano. Unha responsabilidade adquirida por parte das 13 Confrarías que compoñen a mesma, na que dende ese mesmo momento, tivo lugar un intenso traballo de difusión e posta en valor dunha Semana Santa que conta cun marco único como é o Casco Histórico de Santiago de Compostela, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Por este motivo a Xunta de Confrarías, adianta respecto a outros anos, a presentación da Semana Santa a este mes de xaneiro, que terá lugar o vindeiro xoves, 17 de xaneiro, na sala San Felipe Neri ubicada no Mosteiro de San Martiño Pinario ás 11 horas.

O presidente, Don José Muñiz, presentará o novo logo da Xunta de Confrarías que adquire unha mellora respecto ao anterior, e no que se aproveita a ocasión para incluir a distinción de “Festa de Interese Turístico” xunto ao logo de Turismo de Galicia.

Tamén será exposto ese mesmo día o cartel da Semana Santa 2019, que terá lugar do 12 ao 28 de abril. Un cartel que este ano abandera a Confraría da Nosa Señora da Quinta Angustia, e no que terá unha gran presenza a súa imaxe, unha obra do século XX do imaxineiro Jesús Picón. Neste caso, a Xunta de Confrarías contou coa colaboración de “Compostela Monumental”, que non dubidou en contribuir aportando a cartelería que será distribuida pola cidade unha vez rematado o Entroido.

Pola súa banda, xunto ao cartel, tamén terá lugar a presentación do programa, elaborado pola propia Xunta de Confrarías, que irá dotado exclusivamente de contido relixioso e procesional. Con este feito, os programas comezarán a repartirse con antelación, ao igual que os carteis, levando a cabo así unha tarefa importante de difusión previa ao mes de abril.

Muñiz, aproveitará tamén para dar conta da presenza na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que terá lugar entre os días 23 ao 27 deste mes, no que a propia Xunta levará a cabo unha presentación para explicar os motivos de visitar a capital de Galicia durante a celebración da pasión, norte e resurrección de Xesús; motivos que veñen dados pola importancia das diferentes tallas de alto valor artístico que saen nas 17 procesións que percorren as rúas de Compostela.

Por último, dende a Xunta de Confrarías, convidan a toda a sociedade de Santiago á presentación, xa que comparten esta declaración non só cos Cofrades, senón con toda a veciñanza que contribuiu a que a nosa Semana Santa estea posicionada a día de hoxe como un referente turístico na nosa Comunidade Autónoma.

Comentarios