Os socialistas levan a pleno un rogo instando ao goberno local a presentar un informe actualizado sobre os puntos negros de accidentes e incidentes entre conductores, peóns e ciclistas

Os socialistas levan a pleno un rogo instando ao goberno local a presentar un informe actualizado sobre os puntos negros de accidentes e incidentes entre conductores, peóns e ciclistas
Foto de arquivo
Os socialistas levan a pleno un rogo instando ao goberno local a presentar un informe actualizado sobre os puntos negros de accidentes e incidentes entre conductores, peóns e ciclistas

O rogo será levado ao pleno o vindeiro xoves 17

O grupo municipal socialista, a través do seu voceiro Paco Reyes, anunciou o rogo que levará ao pleno do vindeiro xoves, día 17, no que solicita a Compostela Aberta que elabore un informe actualizado e o presente na sesión de febreiro sobre puntos negros de accidentes e incidentes entre conductores/as, peóns e ciclistas no municipio de Santiago. A este respecto, os socialistas reclaman que este documento no só estea baseado en feitos rexistrados, senón que incorpore o factor de probabilidade por distintos elementos a ter en consideración, así como que avalíe a situación dos mesmos (actuais medidas de regulamento, sinalización e outros factores vencellados e dito punto negro).

Como se indica no escrito rexistrado a pasada semana e que se levará a pleno do día 17 mediante un rogo, os cambios que ten experimentado nos últimos anos o municipio de Santiago de Compostela na súa fisonomía semella ter unha repercusión na modificación dos chamados "puntos negros" do tráfico rodado e na súa relación con peóns e ciclistas.

Así, o aumento de espazos empresariais e comercias e de novas zonas de expansión, xunto cun incremento de ciclistas e de peóns (tanto en rúas e viais peonís como en sendas por diferentes espazos do municipio), non só obriga a contar cun Plan de Mobilidade que atenda as novas necesidades, senón tamén a contar cun mapa actualizado de zonas conflitivas no que a tráfico rodado con peóns e ciclistas se refire, máis aló do xa reclamado plan de mellora dos pasos de peóns -reclamado a través dunha moción por parte dos socialistas tamén- e sinalización para evitar os atropelos frecuentes en diferentes puntos da cidade. 

Comentarios