Cursos gratuítos sobre o uso de Gmail e Whatsapp na aula CeMIT de Ribeira

Cursos gratuítos sobre o uso de Gmail e Whatsapp na aula CeMIT de Ribeira

O curso titulado “O chat máis popular. Aprende a utilizar Whatsapp” terá lugar os días 22, 24, 29 e 31 de xaneiro, de 16.30 a 18.30 horas

A Aula CeMIT de Riveira vai dar cabida na segunda quincena deste mes a dous cursos gratuítos para aprender a usar dúas das ferramentas de Internet máis populares: Gmail e Whatsapp.

O curso titulado “O chat máis popular. Aprende a utilizar Whatsapp” terá lugar os días 22, 24, 29 e 31 de xaneiro, de 16.30 a 18.30 horas (8 horas en total). Abordaranse distintos apartados como características e funcións principais, novidades da última versión, compartido de información en diferentes formatos, funcións de chamada e videochamada, grupos e listas de difusión, trucos e tips ou uso no ordenador.

En canto a “Aprender a usar Gmail. O correo web máis utilizado”, celebrarase os días 21, 23, 28 e 30 de xaneiro de 16.30 a 18.30 horas. Os asistentes aprenderán a crear unha conta, enviar correos, organizar a bandexa de entrada, crear firmas, usar a aplicación para móbil…

En ambos casos as inscricións pódense realizar na Aula CeMIT (rúa 1 Cubeliño, 20 baixo / teléfono 981 876 043) ou a través deste enlace https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.

Comentarios
Lo más