Novo circuíto cultural en Ordes

Novo circuíto cultural en Ordes
Novo circuíto cultural en Ordes

Aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos programados ata o mes de xuño. Informática, costura, poda e inxertos, baile moderno, cestería tradicional, xoiería e complementos ou patchwork son algunhas das opcións

O Concello de Ordes acaba de abrir o prazo de inscripción para participar no novo circuito de actividades culturais, o cal se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses (de febreiro a xuño). As persoas interesadas poderán apuntarse ata o 24 deste mes no Departamento de Cultura.

No programa figuran cursos de cocina (infantís e adultos) ademais dos de repostería para nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos. Tamén hai clases de informática (Iniciación e de usuario 1 e 2) e para aprender a correcta utilización de smartphones e tabletas.

Os afeccionados e afeccionadas á danza poderán participar nas clases de baile moderno (ata os 16 anos), mentres que os que prefiran a natureza e o cultivo de plantas e árbores contarán con obradoiros de poda e inxertos (sábados de febreiro) e tamén de enfermidades e pragas (sábados de marzo). En ambos casos traballarase tanto con froiteiras como con produtos de horta.

Quen teña preferencia polo fío e a agulla conta con clases de costura e de patchwork. Outros cursos son os de cestería tradiconal, elaboración de produtos naturais e de xoiería e complementos. 

As clases desenvolveranse de luns a venres en horario de tarde. Nalgúns casos impartiranse os sábados pola mañá. Os prezos oscilan entre os 25 e os 72 € habendo descontos para familias numerosas, maiores de 65 anos e persoas cunha discapacidade a partir do 33%.

Para máis información pódese consultar as páxinas web do Concello de Ordes e da Mancomunidade de Ordes. Tamén no Twitter e Facebook do Concello de Ordes ou ben chamando ao 98168002 (ext 4).

Comentarios
Lo más