O Grupo Municipal Popular denuncia o peche definitivo do xardín do Pazo de Amarante por parte do Goberno de CA

O Grupo Municipal Popular denuncia o peche definitivo do xardín do Pazo de Amarante por parte do Goberno de CA
O Grupo Municipal Popular denuncia o peche definitivo do xardín do Pazo de Amarante por parte do Goberno de CA

Os populares consideran que supón unha importante perda patrimonial para Santiago

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, denunciou en rolda de prensa o peche definitivo do pazo de Amarante por parte do Goberno de Compostela Aberta, o que supón unha importante perda patrimonial para a cidade de Santiago. Este amplo xardín abriuse ao público no ano 2012, grazas a un Goberno do Partido Popular.

Sánchez-Brunete subliñou que o proceso de peche deste espazo verde resulta moi alegórico das políticas que leva a cabo o Goberno de Martiño Noriega, quen iniciou a campaña “abrindo unha porta ficticia en Mazarelos e rematan a súa lexislatura pechando unha porta real na praza Salvador de Parga”.

O concelleiro Popular explicou que o Goberno local debe adoptar as medidas precisas para poder desfrutar desta xardín, polo menos, nos meses de verán e que no caso de levarse a cabo a construción dun centro cívico nun edificio contiguo ao xardín de Amarante se de acceso a este espazo verde a través do novo e anunciado centro sociocultural.

Para Alejandro Sánchez-Brunete é “curioso que os que xaleaban a ocupación de propiedades privadas non poñan o mínimo interese en garantir a propiedade pública”, ademais engadiu que “é unha burla” que, coas políticas que levan a cabo “rebautizaran a concellería de Urbanismo e pasase a chamar de Espazos Públicos”.

O Pazo de Amarante posúe un amplo e fermoso xardín interior, con camelios de gran porte, unha fonte barroca, con vistas á fachada posterior do Pazo, guarnecido das incidencias do tempo. A este amplo xardín acédese desde a praza de Salvador de Parga.

Comentarios