A “Plataforma veciñal mina Touro-O Pino non" comeza o envío de correos para facerlles chegar o informe elaborado polo Icomos

Foto de arquivo
A “Plataforma veciñal mina Touro-O Pino non" comeza o envío de correos para facerlles chegar o informe elaborado polo Icomos

O correo envíase a pobos, vilas e concellos polos que discorre o Camiño de Santiago

No correo informase da existencia dun proxecto de explotación mineira a ceo aberto nos municipios de Touro e O Pino, que ademais de supoñer un perigo dende o punto de vista medioambiental, social e económico, ameaza gravemente a integridade do Camiño de Santiago ao seu paso por estes concellos. Concretamente, suporía a destrución física dun ramal histórico da vía xacobea, así como un enorme impacto visual, tanto polas dimensións da explotación como pola alteración dos valores inmateriais e da contorna. Estes valores son claves para a inclusión do Camiño de Santiago na Lista do Patrimonio Mundial e na súa consideración como Itinerario Cultural de Valor Universal Excepcional. De levarse a cabo o proxecto mineiro podería supor importantes riscos para a permanencia do Camiño como Ben Patrimonio da Humanidade, título que ostenta na actualidade. 

Así o alertou o pasado mes de outubro o ICOMOS, organismo asesor da UNESCO responsable de propor os bens que reciben o título de Patrimonio Cultural da Humanidade, que fixo público un informe moi crítico coa afectación que o proxecto de reapertura e ampliación da mina significaría para o Camiño. O ICOMOS advirte que “No caso da perda dos valores excepcionais polos que foi incluído na lista do Patrimonio Mundial un Ben Cultural, ou que o Estado parte non solvente os perigos comprobados ou potenciais que afecten ao Ben, éste pode pode ser excluído da Lista do Patrimonio Mundial pola UNESCO” . 

Cremos que debemos manter e transmitir o legado histórico que supón o Camiño de Santiago, e tamén que non se poden poñer en risco os modos de vida asociados a ese ben cultural e que son de vital importancia na economía tanto destes dous concellos como de todos aqueles

Comentarios