A Xerencia do CHUS estaba avisada da situación que se estaba a dar nas urxencias

Foto de arquivo
A Xerencia do CHUS estaba avisada da situación que se estaba a dar nas urxencias

A doutora Fátima Nercellas enviou tres correos electrónicos ao equipo da xerencia explicando a situación de urxencias

Despois da noticia da denuncia á Fiscalía de dúas mortes que aconteceron en urxencias do CHUS o pasado 2 de xaneiro, e a negación rotunda de que esas dúas mortes aconteceran no corredor do hospital, a través dun comunicado feito público o venres á tarde por parte da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago; este medio decidiu darlle voz a cada unha das partes implicadas neste conflito que chegou ata os tribunais.

Prensa do Hospital Clínico de Santiago indica a COMPOSTELA24HORAS.COM que se acollen ao comunicado emitido o venres pasado, no que negan rotundamente as mortes de dous paciente nos corrdores das urxencias o día 2 de xaneiro. Ademáis, no comunicado afirman que "non se recibiu ningunha comunicación oficial dos supostos feitos denunciados", que "en ningún caso houbo doentes triados como urxencia vital esperando inadecuadamente a ser atendidos" e que "en todo momento houbo ocos libres en diferentes espazos do servizo de urxencias".

Pola súa parte, o presidente da Asociación de Pacientes do CHUS, Fernando Abraldes, informou a este medio "que o paciente que agardou no corredor durante dúas horas e media, e que máis tarde faleceu, só foi atendido cando se produciu unha situación de crise", momento no que o meteron no cubículo pertinente. "Non é que falecera no corredor, senón que estivo esperando dúas horas e media alí". "Un pacente de risco como era, tiña que ser atendido antes. Foi clasificado por triaxe como de gravedade amarela, e tería que ser atendido nun prazo de 60 minutos".

Outro caso parecido, aconteceu con posteridade. Unha doente que tiña una isquemia intestinal, y que tamén foi clasificade por triaxe como gravedade amarela, é dicir, 60 minutos para a atención. Acabou tamén no pasillo e onde empeorou, pasou a críticos e ao pouco tempo faleceu.

Abraldes asegura que "pacientes en situación grave e moi grave, e con alto risco, non son atendidos de manera inmediata, senón que pasaron o tempo no corredor. Iso é o que se denuncia". "Non é tolerable baixo ningún concepto o acontecido porque é contrario á lei, que nos recoñece a todos os pacientes a ter unha atención urxente cando a requerimos". Afirma que "os responsables da xerencia non poñen a disposición de todos os pacientes e dos servizos os medios que existen. Négaronse expresamente a abrir a antigua sala de reanimación que tiña quince postos de atención." Para a asociación trátase dunha neglixencia e comporta unha posible responsabilidade penal.

Ademáis engade que "xa hai antecedentes que están na Fiscalía. Houbo tres falecementos fai uns anos e esos sí foron no corredor". "Esto é realmente alarmante, porque sabendo como está a situación, cómo é posible que se sigan racionando os recursos dispoñibles? Cada vez que os responsables da xerencia negan recursos dispoñibles, eso vai a costa da saúde e da vida dos pacientes".

COMPOSTELA24HORAS tamén se puxo en contacto coa doutora Fátima Nercellas, a cal denunciou ante a Fiscalía as mortes acontecidas nas urxencias do CHUS o día 2 de xaneiro. Narcellas indica que ese día, como moitos outros, a partir das 13:00 horas, empezáronse a acumular os doentes clasificados como graves no corredor de entrada. Chegaron a ter ata 29 doentes "acumulados". Informa tamén que ela estivo ese día pola tarde e  "pese aos tres avisos que lles mandou por correo electrónico á xerencia e ao conselleiro, non fixeron caso ningún". No email solicitaban que se abriran espazos que estaban cerrados como a unidade de reanimación antiga  e que se levaran as 10-12 persoas pendentes de ingreso que estaban en urxencias.

A doutora, unha vez que puido cotexar os datos da hora de entrada e da hora de atención, corrixe a súa propia información alegando que o primeiro pacente que faleceu non estivo dúas horas e media agardando no corredor, senón tres horas e media. A señora que presentaba un cadro grave de isquemia intestinal estivo menos tempo no corredor pero asegura que esas horas foron definitivas para ambos. Asegura que ela non dixo que "a morte exacta fora no corredor, senón que se deterioraron no mesmo e faleceron máis tarde".

COMPOSTELA24HORAS.COM tivo acceso aos correos electrónicos remitidos pola doctora Fátima Nercellas e dirixidos á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago e á Consellería de Sanidade. 

O primeiro dos correos foi enviado ás 14:42 horas e nel informábase de 13 doentes clasificados como graves e que se atopaban no corredor de entrada, e de 10 doentes pendentes de ingreso que estaban ocupando dez espazos. No mesmo correo solicitan medidas urxentes.

O segundo dos correos foi enviado ás 16:21 horas en nel alértase de 29 pacientes graves no corredor esperando sen ser vistos e só catro espazos en observación. Reitérase de novo que se tomen medidas.

O terceiro e último dos correos enviados o día 2 de xaneiro foi enviado ás 19:33 horas, despois de que, segundo informa a doutora Fátima Nercellas, a directiva de guardia dixera por teléfono que non se ían abrir a zona solicitada,  e no que se informaba de que quedaban no corredor 24 pacientes e que non se fixo nada das peticións por parte do persoal de urxencias.

O caso está en mans da Fiscalía, a cal informou a COMPSOTELA24HORAS.COM que se abriron unhas dilixencias de investigación para determinar se os feitos denunciados derivan en algún tipo de delito. 

Agora queda esperar saber cómo remata o caso e as consecuencias que terá.

Comentarios